ECOGALEGO: O portal galego sobre ecoloxía
Imaxe co eslogan: Queremos abellas, non ás fumigacións.

A Plataforma contra as Fumigacións fai un novo chamamento para intentar salvar as abellas de Galicia. A súa desaparición provocaría o colapso da agricultura galega. INFÓRMATE E COLABORA!

19/05/2012 ADEGA convoca a segunda edición dos concursos de fotografía e relatos dentro da campaña "Ponte no medio, móvete polo territorio". O prazo remata o 1 de outubro. Máis información e bases
18/05/2012 ADEGA-Lugo organiza, para o próximo domingo, 20 de maio, unha ruta de sendeirismo polo Monte Pindo. Máis información
18/05/2012 A Socidedade Galega de Historia Natural (SGHN) presentou alegacións ao plan de conservación da píllara das dunas e aos plans de recuperación do sapoconcho común e da escribenta das canaveiras. Máis información
18/05/2012 Amigos da Terra fai un chamamento para que se marque a casiña de "outros fins de interese social" na declaración da renda. Máis información
17/05/2012 A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo posiciónase en contra da instalación dunha nova antena nos Montes do Morrazo. Máis información
17/05/2012 A USC organiza un percorrido por diversos puntos dos Picos de Europa para o próximo verán (21 a 25 de xullo). Máis información e inscricións
16/05/2012 Mañá xoves, día 17, a avogada do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol será entrevistada en Radio Nacional de España (RNE1) a propósito das actividades de Reganosa. Máis información
16/05/2012 A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza, dentro do programa USC en Transición, un cursiño de cociña ecolóxica. Terá lugar o martes 22 de maio en Santiago de Compostela. Máis información e inscricións
16/05/2012 Verdegaia organiza, para o próximo domingo, 20 de maio, unha ruta de sendeirismo polo Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán Máis información
16/05/2012 A Rede de Dereitos Sociais e a rede Galiza non se Vende publicaron O Mapa Crítico de Galiza 2012, un traballo colaborativo de denuncia e oposición á destrucción do País. Máis información e descarga do mapa
16/05/2012 O próximo sábado, 19 de maio, celébrase o Mercadiño Refrito en Vigo. Máis información
15/05/2012 A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) organiza uns cursos gratuitos de formación para divulgar o seu traballo. Desenvolveranse ao longo dos meses de maio e xuño. Máis información
15/05/2012 O sábado 26 de maio, Amigos da Terra levará a cabo en As Corcerizas unha xornada teórico-práctica sobre biodepuración de augas. O prazo de inscrición remata o 22 de maio. Máis información e inscricións
14/05/2012 EQUO denunciou ante a Comisión Europea as fumigacións masivas con flufenoxuro en Galicia. Máis información
14/05/2012 O Concello de Ames organiza un campamento urbano para as tardes do 9 ao 21 de xullo destinado a nenos de entre 6 e 14 anos. Máis información
14/05/2012 O próximo domingo, 20 de maio, celébrase o IV mercado ecolóxico pola defensa da Terra, en Quilmas (Carnota). Máis información
12/05/2012 A Asociación Ecoloxista Verdegaia presentou unha denuncia ante Augas de Galicia contra o Hotel Talaso Atlántico de Oia (Balneario del Atlántico S.L.) por verquidos continuados no litoral. Máis información
11/05/2012 Mañá, sábado 12 de maio, celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto en seis cidades galegas: feira de consumo alternativo en A Coruña, mercado popular en Lugo, actividades con Solidariedade Internacional en Ourense, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa e almorzo en Santiago de Compostela. Máis información
11/05/2012 No que vai de ano a Xunta de Galicia gastou 42 millóns de euros para manter e ampliar o vertedoiro da Areosa. Máis información
11/05/2012 Verdegaia reclama á Consellería do Mar a continuidade da vixilancia nas áreas mariñas protexidas "Os Miñarzos" e "Ría de Cedeira". Máis información
10/05/2012 Rutas de sendeirismo por Xinzo de Limia, Becerreá ou Illas Cíes configuran a oferta da Universidade de Santiago para este mes. Máis información
10/05/2012 Mañá, venres 11 de maio, ADEGA porá en funcionamento a experiencia da compostaxe comunitaria nas hortas de Belvís (Santiago de Compostela). Máis información
10/05/2012 A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo oponse á fumigación masiva que ASPAPEL, co consentimento da Xunta de Galicia, pretende facer en Galicia. Máis información
10/05/2012 A Asociación AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego Galego organizan diversas actividades en Santiago, Pontevedra e Ribadeo co gallo da Semana Galega de Comercio Xusto. Máis información e programa
09/05/2012 A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) solicitou de novo á Xunta unha copia dos resultados das análises xenéticas realizadas aos lobos supostamente híbridos abatidos no Barbanza. Máis información
09/05/2012 Diversas organizacións ecoloxistas denuncian o retroceso que supón o Real Decreto-Lei en materia de medio ambiente que o Goberno Estatal acaba de aprobar. Máis información
09/05/2012 A Aula da Natureza da Ameixenda (Ames) acolle este sábado, 12 de maio, o terceiro obradoiro do programa de actividades Chocolate na horta. Este obradoiro tratará sobre a prevención de pragas e a sementeira de cultivos. Máis información e inscricións
09/05/2012 O Sindicato Labrego Galego (SLG) posiciónase contra unha reforma da Política Agraria Común (PAC) que non garante as rendas dos labregos e labregas da Unión Europea. Máis información
08/05/2012 O próximo sábado, 12 de maio, celébrase o Día Internacional do Comercio Xusto e diversas organizacións, xunto con produtores locais, organizan unha xornada na Coruña con diversas charlas-coloquios e a venda de produtos de Comercio Xusto e/ou ecolóxicos. Máis información
08/05/2012 Os propietarios dos terreos dos parques eólicos reciben só un 1,4% da súa facturación. Máis información
anteriores>

Valid XHTML 1.0 Strict ¡CSS Válido! [Valid RSS] RSS